CALLS FOR PAPERS

UPCOMING DEADLINES:

01/06/2024

Poes/IA
Poesía e Intelixencia Artificial
Chamada de poemas /
Call for poems

Co ánimo de tender pontes entre os estudos literarios e outras disciplinas, así como para e abrir a investigación universitaria ao ámbito social e cultural no que está inserida, o proxecto de investigación PHIRGAL sobre “Interseccións posthumanas nas literaturas galega e irlandesa” e o Grupo “Discurso e Identidade” da USC fan unha chamada de poemas que exploren a relación entre poesía e intelixencia artificial.

Con esta chamada queremos indagar no potencial das novas textualidades, explorar as posibilidades creativas da IA, contribuír ao debate IA vs. autoría humana e promover a reflexión sobre os límites do humano no marco dos debates actuais sobre posthumanismo.

Bases de participación: http://tinyurl.com/2ak9ssa7

Formulario de envío: https://forms.office.com/e/kA2NNGsPDR

E-mail de contacto: manuela.palacios@usc.es

Esta actividade é parte do proyecto de I+D+i “Intersecciones post-humanas en las literaturas irlandesa y gallega” PID2022-136251NB-I00, financiado por MCIN/ AEI/10.13039/501100011033/ y “FEDER Una manera de hacer Europa”. 

PAST DEADLINES: